Amosando publicacións coa etiqueta bolboreta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bolboreta. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de xuño de 2024

CICLO DE VIDA DOS VERMES DA SEDA

 

Fai un mes que na clase de 3 e 4 anos escoitamos o conto de Curtis "QUIERO UNA MARIPOSA", e comezamos a investigar sobre o ciclo de vida das bolboretas. A profe trouxo a clase un oviños diminutos dos que ao pasar uns días comezaron a sair uns pequenos vermes oscuros que tiñamos que ver a través da lente binocular, tivemos moitísmo coidado con eles, fomos alimentándoos e coidándoos cada día. Comían moito, moitísimo, engordaron moito moito e despois de moito pensalo, decidimos repartilos polas clases para que todos os nosos amigos do cole puidesen ver a transformación. Agora os nosos vermes repoludos xa comezaron a tecer a seda e a maioría xa están metidiños no seu casulo...e anós soamente nos queda ter paciencia e agardar a que deses casulos poidamos ver sair as bolboretas!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes...



venres, 24 de novembro de 2023

EDUCACIÓN INFANTIL: 25 N

 Os máis pequenos de Castrelo non tiñamos moi claro que era a violencia, pero sí temos claro as cousas que nos gustan e as que non. Todos coincidimos en que nos encantan as caricias, os bicos, as cóxegas e as palabras bonitas e non nos gusta nada que nos peguen, que nos berren, que nos empurren ou nos insulten. Por iso hoxe, para conmemorar o 25 N, fixemos bolboretas violetas coas pegadas das nosas mans, unhas mans ás que lle gusta acariñar.





 

 

mércores, 20 de abril de 2016

A eiruga larpeira

Conto A eiruga larpeira

A eiruga comeu moitísimo: un anaco de torta, un xeado, pizza, unha piruleta,...


aquela noite estivo moi maliña da súa barriguiña!


logo para sentirse mellor comeu unha folliña de moreira...

e meteuse a descansar na súa casiña de fíos de seda

pasaron uns días e saiu dela unha fermosa bolboreta