mércores, 20 de abril de 2016

A eiruga larpeira

Conto A eiruga larpeira

A eiruga comeu moitísimo: un anaco de torta, un xeado, pizza, unha piruleta,...


aquela noite estivo moi maliña da súa barriguiña!


logo para sentirse mellor comeu unha folliña de moreira...

e meteuse a descansar na súa casiña de fíos de seda

pasaron uns días e saiu dela unha fermosa bolboreta



Estes somos os nenos e nenas de Infantil (hoxe faltan dúas compañeiras)


Logo de ver este conto, as profes ensináronnos eirugas de verdade, que emocionante! ímolas ter nas clases e coidalas, para iso darémoslle de comer folliñas de moreira que é o que máis lles gusta e teremoslle a caixa, na que as temos, limpa. Así imos vendo todo o proceso de como dun verme pequeniño sae unha fermosa bolboreta! Ademais estamos facendo o conto entre todos e levarémolo cada día un neno ou nena para casa xunto coas eirugas para que vexa todo a nosa familia!

                    


Ningún comentario:

Publicar un comentario