martes, 29 de novembro de 2016

PARABÉNS LUZ

Este luns celebramos o aniversario de Luz. Xa ten 3 anos!!!!
Na aula festexamos este día, bailamos, cantamos e por último, os nenos déronlle os seus debuxos como recordo.
Parabéns Luz!!!





sábado, 26 de novembro de 2016

OURIZOS CON FOLLAS

A semana que ven comezaremos coas manualidades de Nadal, antes deixámosvos unha das últimas manualidades de Outono: estes ourizos que fixemos coas follas de outono que recollemos.



Mirade que bonitos nos quedaron e como lucen ó lado do esquío que pintamos. Grazas profe Patri por debuxarnos un esquío tan bonito!!



TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte conmemoramos o día mundial contra a violencia de xénero con diferentes actividades.
Aquí tedes unha mostra


martes, 22 de novembro de 2016

SAÍMOS NA TVG!!

Co motivo dos talleres de PROTEDUCA, saímos nas noticias da TVG


Clic na imaxe para ver o vídeo

TALLER PROTEDUCA

Esta mañá visitáronnos os nosos amigos de Protección Civil, para ensinarnos como debemos reaccionar ante unha emerxencia. Os nenos de 5 anos e os de primeiro de primaria fomos os primeiros en participar nestes talleres, que ó longo de toda mañá tamén disfrutou o resto do cole. Aprendemos moito e pasámolo xenial!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

venres, 18 de novembro de 2016

A NOSA MEDALLA É PARA ARITZ!!

Na clase de 5 anos emocionámonos moito co xesto do noso compañeiro Aritz, e como para nós é o noso gañador, esta tarde fixémoslle un libro-medalla. FELICIDADES CAMPIÓN!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

CONTO DE OUTONO

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, coa axuda das nosas familias fixemos un conto de outono, titulado "O COGOMELO MÁXICO". Durante estes días irá viaxando por todas as casas para que o vexades. Moitas grazas pola vosa colaboración!! Deixámosvolo en formato dixital.

xoves, 17 de novembro de 2016

PARABÉNS COMPIS!!

Hoxe os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron, xunto co resto dos coles da comarca, na proba de campo a través en Tintores
Ademáis de pasar un día xenial, os nenos de 2º e 3º gañaron o terceiro premio na categoría de Equipo Benxamín Masculino.
PARABÉNS COMPIS!!


Sentímonos dobremente orgullosos,xa que ademais do trofeo dos nenos de 2º e 3º , Aritz, de 4º de primaria, deunos unha auténtica lección de compañeirismo e deportividade, cando indo nos primeiros postos e con opcións a conseguir medalla, se parou para axudar a un compañeiro doutro cole que caera durante a carreira, ambos conseguiron cruzar a meta en 4º posición.
ARITZ ERES O NOSO GAÑADOR!!





martes, 15 de novembro de 2016

PARABÉNS IRENE !

Este luns celebramos na clase o cumple de Irene. Os nenos agasallárona cos seus debuxos, cantamos cancións e comemos unha tarta deliciosa!! Parabéns Irene!

domingo, 13 de novembro de 2016

O NOSO COLE SAE NO XORNAL

No suplemento "Xornal Escolar" do xornal "La Región" da semana pasada, sae unha reportaxe do CEIP Castrelo do Val, relacionado coa Biblioteca do Centro.

Aquí podedes lelo online: http://www.laregion.es/articulo/xornal-escolar/recurso-estratexico/20161109112410662276.html


CHEGOU O MAGOSTO!!

O venres fomos de magosto ó parque do Toural. Pasámolo xeniaaal!! Aquí tedes unha pequena mostra.

MAGOSTO INFANTIL 2016 by Slidely Slideshow

Música: Jesús Pareja "Chegou o magosto".