Amosando publicacións coa etiqueta campo a través. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campo a través. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de febreiro de 2023

PARABÉNS COMPIS!!

 Onte os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron no campionato comarcal de campo a través en Tintores, xunto co resto de colexios da comarca. Pasárono xenial, correron moito e trouxeron premios!!

Irea de 3º de primaria e Nerea de 2º de primaria quedaron segunda e terceira respectivamente, conseguindo medallas!! Parabéns campionas!!

As chicas de segundo e terceiro de primaria conseguiron facerse coa victoria, quedando capionas por equipos na categoría Benxamín Feminino. Parabéns rapazas!!
Ademáis Hugo e Ainara de 5º de primaria quedaron de 4º e 8º respectivamente na categoría Alevín.


O vindeiro sábado 11 de febreiro todos representarán ao noso cole na Rúa, no campionato provincial. Sorte e desfrutade moito campións!!


xoves, 17 de novembro de 2016

PARABÉNS COMPIS!!

Hoxe os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron, xunto co resto dos coles da comarca, na proba de campo a través en Tintores
Ademáis de pasar un día xenial, os nenos de 2º e 3º gañaron o terceiro premio na categoría de Equipo Benxamín Masculino.
PARABÉNS COMPIS!!


Sentímonos dobremente orgullosos,xa que ademais do trofeo dos nenos de 2º e 3º , Aritz, de 4º de primaria, deunos unha auténtica lección de compañeirismo e deportividade, cando indo nos primeiros postos e con opcións a conseguir medalla, se parou para axudar a un compañeiro doutro cole que caera durante a carreira, ambos conseguiron cruzar a meta en 4º posición.
ARITZ ERES O NOSO GAÑADOR!!