Onte os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron no campionato comarcal de campo a través en Tintores, xunto co resto de colexios da comarca. Pasárono xenial, correron moito e trouxeron premios!!
Irea de 3º de primaria e Nerea de 2º de primaria quedaron segunda e terceira respectivamente, conseguindo medallas!! Parabéns campionas!!
As chicas de segundo e terceiro de primaria conseguiron facerse coa victoria, quedando capionas por equipos na categoría Benxamín Feminino. Parabéns rapazas!!
O vindeiro sábado 11 de febreiro todos representarán ao noso cole na Rúa, no campionato provincial. Sorte e desfrutade moito campións!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario