No cole de Castrelo somos moi entroideiros, despois do desfile do xoves en Verín, o venres repetimos polas rúas de Castrelo xunto coa casa niño de Pepín e acompañados coa música de Candaira. Despois do desfile, os nenos do cole de Castrelo e os pequechos da Casa Niño comemos e xogamos no parque do Terrón, foi unha xornada divertida e seguro que repetiremos máis actividades xuntos. Moitísimas grazas ao Concello de Castrelo, a Ramón e ás mulleres de Candaira por acompañarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario