venres, 15 de setembro de 2023

PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!!

Hoxe os peques de 3 anos rematan o seu período de adaptación con moito éxito!! Grazas tamén á axuda de poder contar cos seus compañeiros de 4 anos, que durante estes días foron os seus guías na aula. Xuntos pasamos momentos moi divertidos e os choros  e a desconfianza do primeiro día converteronse en sorrisos tímidos e confianza, ata sentirnos moi a gusto todos xuntos. Cada día estamos máis acostumados ás rutinas do cole... Aquí tedes un pequeno vídeo que resume esta semana tan intensa!! Quédanos un largo camiño cheo de aventuras e descubrimentos!






martes, 12 de setembro de 2023

PRIMEIRO DÍA DE COLE!! 3 e 4 anos

Onte no cole de Castrelo démoslle a benvida aos peques de 3 anos que chegaron por primeira vez ao cole de maiores e ninguén mellor que os seus compañeiros de clase de 4 anos para ensinarlle que ben o pasamos neste cole. Benvidos pequenos!! Xuntos comezamos unha nova aventura...



luns, 4 de setembro de 2023

REUNIÓN INICIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL


 O vindeiro venres ás 11:00, agardámosvos no cole, para comentarvos os aspectos organizativos do curso. Para un mellor desenvolvemento da reunión, na medida do posible, acudide sen nenos. Non faltedes!!