venres, 15 de setembro de 2023

PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!!

Hoxe os peques de 3 anos rematan o seu período de adaptación con moito éxito!! Grazas tamén á axuda de poder contar cos seus compañeiros de 4 anos, que durante estes días foron os seus guías na aula. Xuntos pasamos momentos moi divertidos e os choros  e a desconfianza do primeiro día converteronse en sorrisos tímidos e confianza, ata sentirnos moi a gusto todos xuntos. Cada día estamos máis acostumados ás rutinas do cole... Aquí tedes un pequeno vídeo que resume esta semana tan intensa!! Quédanos un largo camiño cheo de aventuras e descubrimentos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario