mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL!!

Os nen@s de infantil desexámosvos felices festas coas postais que fixemos coa axuda das nosas familias

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

Moitas grazas unha vez máis a todas as familias de infantil por participar no intercambio de postais que organiza o centro. BO NADAL!!

xoves, 14 de decembro de 2017

BAILAR E PINTAR

Hoxe na clase de psicomotricidade traballamos a creatividade, a profe Patri púxonos música e tiñamos que que PINTAR E BAILAR... e vendo o resultado, somos uns artistas!! Mirade que ben o pasamos, moitas grazas profe Patri, tí si que eres unha super artista.

AS NOSAS PORTAS DE NADAL

Xa fai tempo que temos decoradas as nosas portas de nadal, pero como andamos moi apurados cos ensaios da función e coas manualidades, aínda non nos dera tempo a ensinárvolas
Agardamos que vos gusten moito


            AULA DE 3 ANOS

                                                       

         AULA DE 4 E 5 ANOS


mércores, 6 de decembro de 2017

XORNADA DE FESTA NO COLE !!

Onte foi un día moi especial e sobre todo moi diferente no cole.
Pola mañá fomos a Verín ao auditorio para disfrutar da xornada para escolares dentro do Festival Internacional de Curtas Vía XIV
http://ficviaxiv.com/
Para os máis pequenos foi ademáis a primeira saída do cole en autobús. Pasámolo moi ben e portamonos xenial!!


Xa pola tarde, no cole conmemoramos o Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebrou o día 3 de decembro e nós nas aulas xa o estabamos traballando durante toda a semana con actividades adaptadas aos diferntes niveis. 
En infantil traballamos este tema a través do conto de Elmer, o famoso elefante multicolor, en torno ao cal fixemos diferentes actividades, podedes ver o video clicando no seguinte enlace:
                                                             ELMER

Despois entre todos fixemos este mural, no que cada un de nós aportou o seu corazón, porque a maior discapacidade é non ter corazón, na nosa escola cabemos todos e todos temos un gran corazón.