Pola mañá fomos a Verín ao auditorio para disfrutar da xornada para escolares dentro do Festival Internacional de Curtas Vía XIV
http://ficviaxiv.com/
Para os máis pequenos foi ademáis a primeira saída do cole en autobús. Pasámolo moi ben e portamonos xenial!!
Xa pola tarde, no cole conmemoramos o Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebrou o día 3 de decembro e nós nas aulas xa o estabamos traballando durante toda a semana con actividades adaptadas aos diferntes niveis.
En infantil traballamos este tema a través do conto de Elmer, o famoso elefante multicolor, en torno ao cal fixemos diferentes actividades, podedes ver o video clicando no seguinte enlace:
Despois entre todos fixemos este mural, no que cada un de nós aportou o seu corazón, porque a maior discapacidade é non ter corazón, na nosa escola cabemos todos e todos temos un gran corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario