xoves, 17 de decembro de 2020

POSTAIS DE NADAL 3 ANOS

 Despois de moitos días de retraso, hoxe deixovos as postais de Nadal que @s pequen@s de 3 anos fixestes coas vosas familias para felicitarnos o Nadal. Aínda que non puidestes velas, xa levan días colgadas xunto coas do resto do cole. Moitísimas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.



martes, 15 de decembro de 2020

PORTA DE NADAL

 Aquí vos deixo a  porta da aula de 3 anos decorada coa manualidade de Nadal que nos deu tempo a facer. Creo que o duende pasa todos os días a deixar as chocolatinas e encender as luces da árbore porque Papá Noel sabe que tod@s estades na lista de buenos.






mércores, 2 de decembro de 2020

DECORAMOS O NADAL!!

 Chegou o mes de decembro e na clase de 3 anos xa cheira a Nadal!! 

A fin de semana pasada @s pequen@s fixeron unha manualidade navideña en familia para decorar a aula, cun simple prato vermello, a súa imaxinación e  traballo fixeron marabillas!! MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Mirade que bonitos e navideños quedaron!



DECORAMOS O NADAL - Kizoa Movie Maker

mércores, 25 de novembro de 2020

25N : NON É NON!!

Hoxe conmemoramos o 25 N, como este ano é moi especial, fixemos actividades nas aula por separado...

...pero tamén fixemos algo común, preparamos un baile e cantamos contra a violencia de xénero, coa canción "Yo sólo quiero bailar" de Miguel Ángel Maroto Negrete.
Mirade como nos divertimos!!







venres, 20 de novembro de 2020

XOGAMOS E APRENDEMOS NA MESA DE LUZ


Hoxe os nen@s de 3 anos tiveron o seu primeiro contacto coa mesa luz: aprendemos e xogamos a identificar as cores dos nosos equipos, a buscar cada un a inicial do seu nome e a identificar os números 1 e 2. Divertímonos moito!!





luns, 16 de novembro de 2020

PARABÉNS NOA!!

Hoxe na clase de 3 anos estamos de festa!! Noa cumpriu 3 aniños e quixo celebralo con tod@s os seus amig@s no cole. Grazas pola merenda!! PARABÉNS NOA!!


 

mércores, 11 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020- 3 ANOS

 

 Hoxe festexamos o magosto!! Foi moi diferente ao de outros anos...pero como para nós é o primeiro no cole, pasámolo xenial!

Merendamos no patio de picnic e asamos as castañas. Que boas estaban!!



xoves, 5 de novembro de 2020

@s pequen@s da clase de 3 anos cada día estamos máis calmad@s  porque imos asimilando as rutinas e as normas do cole, porque imos medrando e... porque fixemos as nosas botellas da calma!!. A profe Jessy e @s nen@s de 6º de primaria regaláronnos unha e como nos gustou tanto decidimos facer unha para cada mesa, coa cor dos nosos equipos. Pasámolo moi ben facéndoas e agora relaxámonos moito vendo como cae a purpurina e as estreliñas... Deixámosvos todo no seguinte vídeo!! 
 

sábado, 31 de outubro de 2020

HALLOWEEN/SAMAÍN 3 ANOS 2020

@s nen@s da case de 3 anos queremos desexarvos HAPPY HALLOWEEN / FELIZ SAMAÍN!! Nós festexámolo onte e pasámolo xenial!!  Tivemos un día moi especial: viñemos disfrazados, preparamos unha merenda terrorífica, vimos a actuación das nenas de 5º de primaria coas que compartimos quenda de recreo e de premio chuches!!




venres, 30 de outubro de 2020

TRABALLAMOS HALLOWEEN-SAMAIN

 


Esta semana, traballamos o Halloween/Samaín. Fixemos manualidades, traballamos vocabulario en galego e inglés, vimos contos, cancións... foi unha semana moi terrorífica!!



xoves, 29 de outubro de 2020

PANTASMAS 3 ANOS!!


Mañá celebramos Halloween/Samaín no cole, aínda que dunha forma moi diferente a outros anos, non podíamos deixar pasar unha das festas que máis lles gusta aos nos@s pequen@s. Comezamos xa a semana pasada coa colaboración das familias, hoxe vos deixamos o traballo d@s peques na casa, decorando as súas pantasmas. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!


mércores, 21 de outubro de 2020

PARABÉNS SARA E MARA!!

 Hoxe festexamos que dúas das nosas pequenas cumpriron 3 aniños. Grazas Mara, Sara e familia pola merenda, encantounos!!

PARABÉNS PEQUENAS!!



martes, 20 de outubro de 2020

TRABALLAMOS O OUTONO!!

@s nen@s de 3 anos traballamos nas semanas pasadas o outono. 


Aquí vos deixamos un pequeno resumo do noso outono!




luns, 12 de outubro de 2020

RELAXACIÓN

Despois de traballar, xogar, comer e sobre todo divertirnos moito chega a hora da relaxación, sentímonos tan a gusto no cole, que quedamos profundamente dormidos... esto sí que é relaxarse!!



sábado, 19 de setembro de 2020

PERIODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!!

4º de infantil. CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val


@s nos@s pequenos remataron esta semana o seu periodo de adaptación e fixérono con éxito, a pesar de todas as dificultades deste curso tan especial, porque son uns campións!! Aquí tedes un resumo dos seus primeiros días no cole de Castrelo


sábado, 12 de setembro de 2020

BENVID@S AO COLE PEQUEN@S!!

Despois de moitos meses volvemos ao noso cole con máis forza ca nunca!! Hoxe queremos presentarvos aos novos pequen@s de Castrelo, os nen@s da clase de 3 anos, que comezaron o xoves con toda a ilusión e que nos prometen moitas alegrías neste curso tan especial.

BENVIDOS AO COLE PEQUEN@S!!


venres, 4 de setembro de 2020

REUNIÓNS COAS FAMILIAS E INCORPORACIÓN GRADUAL AO COLE

 Volvemos con moitas ganas de ver aos nos@s pequen@s e de darlle a benvida ás novas incorporacións. Estamos preparando todo con moita ilusión para unha volta segura e precisamos máis ca nunca da vosa colaboración para que asistades ás reunións das clases:

4 e 5 anos: luns ás 12:00

3 anos: luns ás 16:00

Recordade: a reunión será no patio do cole, debedes asistir só unha persoa por familia, sen nen@s, coa máscara e repetando a distancia de seguridade.

Concretaremos todo para a incorporación d@s pequen@s ao cole, que este ano será gradual:

XOVES 10: 3 E 4 ANOS

VENRES 11: 5 ANOS

Xa falta pouco pequen@s!!


mércores, 26 de agosto de 2020

LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN INFANTIL. CEIP PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL

 

LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO 2020-2021

C.E.I.P PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL

 

4º INFANTIL (3 ANOS)

ISBN

EDIT.

TÍTULO

9788491820864

SM

CASTORIA 3 AÑOS 1º TRIMESTRE

9788491073130

SM

ABCOLE. CUADERNO GRAFOMOTRICIDAD

 

OXFORD

Daisy, Robin and Me. BLUE CB PK CD Starter

 

5º INFANTIL (4 ANOS)

ISBN

EDIT.

TÍTULO

9788491820895

SM

CASTORIA 4 AÑOS 1º TRIMESTRE

9788467592207

SM

ABCOLE. CUADERNO 1. PAUTA

 

6º INFANTIL (5 ANOS)

ISBN

EDIT.

TÍTULO

9788491820925

SM

CASTORIA 5 AÑOS 1º TRIMESTRE

9788467592238

SM

ABCOLE. CUADERNO 3. PAUTA

9788467592221

SM

LECTURAS 1. CUENTOS ABCOLE

 

·        Os libros de inglés para 4 e 5 anos, de momento non os pedimos, imos retomar a programación onde quedou o ano pasado e aproveitar os libros que teñen os nen@s.

Este ano pedimos soamente os materiais para comezar, en función de como vaia avanzando o curso teredes que mercar os seguintes trimestres do proxecto, os seguintes caderniños e o novo libro de inglés.

Para descargar o PDF, preme na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1lcrwCykUR4fe3SUcpKnH5inkPCyYXUzA/view?usp=sharing

xoves, 18 de xuño de 2020

O NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE

Hoxe remata o máis atípico de todos os cursos, por iso non vai ser un curso máis, porque este foi especial para todos nós pero sobre todo para @s pequen@s da clase de 3 anos, porque foi o seu primeiro ano no cole. Aínda que non rematou como tiñamos pensado, compartimos moitos e moi bos momentos, aquí vos deixo un pequeno resumo do voso primeiro ano no cole. Despídome coa pena da distancia pero coa certeza de que voltaremos máis fortes!! GRAZAS POR TANTO!!

VIDEO RESUMO DO NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE from ceipcastrelodoval on Vimeo.

luns, 15 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO PARA A SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO.

Tedes colgada na web a última proposta de traballo deste atípico trimestre. Podedes acceder dende educastrelo.com e entrando en 3 anos ou premendo directamente no enlace de abaixo.
Moitas grazas polo voso traballo!

PROPOSTA PARA 3 ANOS

luns, 8 de xuño de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos.

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

Xa queda menos! Desfrutade da semana!!

xoves, 4 de xuño de 2020

luns, 1 de xuño de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PEQUEN@S DE CASTRELO DO 1 AO 5 DE XUÑO

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos.

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

Xa queda menos! Desfrutade da semana!!

luns, 25 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO 25-29 DE MAIO PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos.

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

Xa queda menos! Desfrutade da semana!!

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO. SEMANA 18-22 DE MAIO.

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos:

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

Desfrutade da semana!!

domingo, 17 de maio de 2020

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS!

Para conmemorar o día das letras galegas, @s pequen@s de Castrelo escollemos as nosas palabrabras preferidas en galego. Podedes vernos no seguinte vídeo

PARABÉNS RUBÉN!!

Seguimos celebrando! Rubén cumpriu 6 aniños... seguro que foi un dia moi especial. PARABÉNS RUBÉN!!


mércores, 13 de maio de 2020

PARABÉNS NEREA!!

Hoxe Nerea cumpre 5 aniños e na distancia mandámoslle moitisímos bicos. Cando volvamos á normalidade festexaremos tod@s xuntos, hoxe seguro que disfruta acompañada dos seus. Parabéns Nerea!!

luns, 11 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos:

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2020

Deixámosvos unha serie de actividades on line para traballar sobre o homenaxeado este ano polo días das letras galegas, Ricardo Carvalho Calero, están seleccionadas por niveis, pero precisan da vosa axuda para seguir algunhas delas. (Debedes activar o Flash para poder acceder a elas)

BIOGRAFÍA 

ACTIVIDADES PARA 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

ACTIVIDADES PARA 5º DE INFANTIL (4 ANOS)

ACTIVIDADES PARA 6º DE INFANTIL (5 ANOS)

Aquí tedes tamén un vídeo dun dos seus contos máis famosos "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

luns, 4 de maio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S PEQUEN@S DE CASTRELO. SEMANA 4 AO 8 DE MAIO

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos:

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

domingo, 3 de maio de 2020

AS NOSAS SUPERMAMÁS!!

Hoxe queremos presentarvos ás mellores mamás do mundo, son elas, son as nosas, son as SUPERMAMÁS dos pequen@s de Castrelo!!

luns, 27 de abril de 2020

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!!

Estamos moi contentas de ver como disfrutaron onte @s nos@s pequen@s na súa primeira saída. Unha vez máis dando exemplo!! Grazas familias! Xa queda menos!!

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S PEQUENOS DE CASTRELO. SEMANA 27/30 ABRIL

Xa tedes dispoñible na web a proposta de traballo para esta semana, podedes acceder directamente entrando en educastrelo.com e accedendo ao curso correspondente ou premendo no seguintes enlaces correspondentes a cada un dos cursos:

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS


PROPOSTA DE RELIXIÓN PARA INFANTIL

Deixámosvos unha proposta do profe Pepe. Vemos o vídeo da parábola do pastor e a ovella perdida


Despois de ver o vídeo podedes facer a seguinte ficha (premede aquí para descargar a ficha) Podedes pintar a ovella, pegar algodón ou decorala como máis vos guste

venres, 24 de abril de 2020

POR FIN...A DAR UN PASEO PEQUEN@S!!

Despois de un montón de días na casa aguantando como verdadeiros campións, a partir do domingo por fin podedes sair a dar un paseo. Collede as bicis, os patíns, as pelotas,os carriños das bonecas...e respirade aire fresco! pero facedeo con moito coidado e respetando as indicacións dos papis e mamis. Sabemos que o faredes xenial, porque sodes practicamente os ÚNIC@S que dende o primeiro día o fixestes XENIAL! Deixamos unha indicacións para que todo sexa perfecto! ÁNIMO FAMILIAS, XA QUEDA MENOS!!

ANDY WARHOL


flowers andy warhol

Fíxenvos este pequeno video cunha mostra das flores de Andy Warhol por se lle sirve de inspiración aos pequenos artistas na ficha de hoxe.

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO!!


Hoxe para festexar o día do libro @s pequen@s de Castrelo queremos ensinarvos os nosos contos preferidos. Feliz día do libro! Grazas ás familias d@s nos@s pequen@s, por colaborar en todo o que lles pedimos,coa vosa axuda todo é máis fácil!!
DIA DO LIBRO 2020 from ceipcastrelodoval on Vimeo.

luns, 20 de abril de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Como xa tod@s tedes o material dos pequen@s, imos comezar a traballar con él. Para facilitarvos o traballo e que así cada familia poda organizarse como mellor lle conveña, decidimos programar o traballo semanalmente.Tedes colgado na web do centro educastrelo.com as tarefas por cursos para toda esta semana.

Podedes acceder premendo directamente desde aquí:

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

NOVOS XOGOS EN EDUCASTELO

Tedes dispoñibles novos xogos na web cole,(educastrelo.com/actividades/educación infantil) podedes acceder desde aquí, premendo directamente en cada imaxe:

un memory personalizado coas fotos dos máis pequenos_

Dous xogos personalizados de lectura de sílabas en maiúsculas e minúsculas:


sábado, 18 de abril de 2020

PARABÉNS CANDELA!!

Hoxe temos a unha das nosas princesas de cumple, Candela cumpre 4 aniños e estou segura que na súa casa hoxe vai ser un día moi especial, como tamén o será cuando o podamos celebrar xunt@s!
Parabéns Candela!

venres, 17 de abril de 2020

HOXE TOCA IOGA!!

Para rematar a semana sabemos que un pouquiño de Ioga vos vai sentar xenial. Estirade unha toalla no chan e a practicar!!

xoves, 16 de abril de 2020

mércores, 15 de abril de 2020

AHI VAN OS NOSOS BICOS


Non sabemos aínda exactamente de que cor son os bicos pero o que sí sabemos é que os vosos bicos saben a caramelo e algodón de azucre e dannos o empuxón que precisamos para seguir. Grazas por tantos bicos!!

PASTA DE SAL

Hoxe propómosvos facer PASTA DE SAL. 
É moi sinxelo, soamente tedes que mesturar os ingredientes e amasar. Cando a teñamos feita 
podemos porlle color con colorante alimentario ou simplemente traballar con ela ao natural. Esta masa se a gardamos herméticamente sen que lle dea o aire podemos utilizala a modo de plastilina, pero tamén podemos facer distintos obxectos coma colgantes, letras, figuras e deixalos secar ao aire ou fornealos e logo pintalos con pintura líquida. Déixovos un vídeo por se vos resulta útil



martes, 31 de marzo de 2020

BOTE DA CALMA E PRACTICAMOS MATES!!

Hoxe propómosvos unha manualidade moi útil: un bote/botella da calma, que vai servirnos para que estes días @s nos@s pequenos se relaxen.
Tomade nota do que precisamos (se non o temos na casa, botámoslle imaxinación e substituímos por outras cousas).

Mirade o vídeo para ver o proceso


Ademáis para completar o día deixámosvos un enlace moi interesante para practicar a COMPETENCIA MATEMÁTICA(tedes actividades para contar,clasificar, agrupar,series,sumas, restas...adaptados por niveis)
https://es.ixl.com/math/infantil

luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SM


Hoxe deixámosvos unha gran variedade de actividades interactivas,contos clásicos,contos animados e lectoescritura que a editorial SM pon á vosa disposición.

domingo, 29 de marzo de 2020

PARABÉNS MARCOS!!


Hoxe seguimos tendo razóns para festexar, O noso Marquiños cumple 6 anos!! Parece que foi onte cando empezou no cole e xa está celebrando o seu último cumple en infantil. Á volta queremos festexalo como te mereces! PARABÉNS MARCOS!!

sábado, 28 de marzo de 2020

PARABÉNS SIMÓN VÁZQUEZ!!

Hoxe é un día moi especial, un dos nosos pequenos príncipes cumple 4 aniños. Aínda que dentro dunhas circunstancias "raras" estou segura de que os seus papás lle farán pasar un día xenial!!
E en canto volvamos ao cole, festexaremos xuntos!! PARABÉNS SIMÓN!!

xoves, 26 de marzo de 2020

EXPERIMENTO PARA QUE ENTENDAN A IMPORTANCIA DE LAVARSE AS MANS


Hoxe propómosvos un experimento para que os máis pequenos comprendan a importancia de lavarse as mans. Para que eles o entendan podedes decirlle que a pementa sería o virus. 



mércores, 25 de marzo de 2020

MONSTRUO DE COLORES-CORONAVIRUS


Aquí tedes un novo conto, esta vez o  monstruo de cores tratando o tema do coronavirus. Estamos seguras de que lles vai encantar...O monstruo de cores sempre é un acerto cos pequen@s!!



martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLAMOS CO CONTO:"ROSA CONTRA EL VIRUS"

Hoxe deixámosvos un conto: ROSA CONTRA EL VIRUS, moi apropiado para traballar nestes momentos. Trátase dun conto publicado pola editorial Sentir en colaboración co Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. Agardamos que vos guste, nos vindeiros días poremos novas propostas para seguir traballando a través dos contos



luns, 23 de marzo de 2020

NÓS QUEDAMOS NA CASA!!

@s pequen@s de Castrelo temos moitas ganas de vernos pero sabemos que debemos quedar na casa e tamén sabemos que se o facemos todo sairá ben,por iso e coa axuda das nosas familias sumámonos á iniciativa dos arcos da vella para decirvos:"Nós quedamos na casa". No seguinte vídeo podedes ver que bonitos quedaron os nosos arcos da vella e ademáis a través das fotos podemos ver aos nosos amigos. Facede coma nós e se podedes QUEDADE NA CASA!! Geazas ás familias pola vosa colaboración. Xuntos resistiremos!!

venres, 20 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S NEN@S DE 4 E 5 ANOS

Deixámosvos  unha proposta de actividades imprimibles para @s nen@s da clase de 4 e 5 anos.
Agardamos que vos sirva de axuda para levar estes días o mellor posible.




PROPOSTA DE TRABALLO PARA OS NEN@S DO PRIMEIRO CURSO DE INFANTIL

Na seguinte publicación pomos á vosa disposición unha serie de enlaces a diferentes páxinas para que podades imprimir algunha ficha para facer na casa cos PEQUEN@S DO PRIMEIRO CURSO DE INFANTIL.
Son actividades moi sinxelas, tomádeas coma unha proposta, que serve para complementar  o acceso á plataforma dixital do proxecto Sorrisos no que estamos traballando, ás indicacións das rutinas e ás diferentes propostas de actividades que vos pasamos por tokapp,
Unha vez máis pretendemos ser unha axuda neste momento e non ser unha carga adiccional.
Grazas pola vosa colaboración, xuntos é máis fácil!!