venres, 29 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL INFANTIL 2023

 

Os pequenos de Castrelo rematamos o trimestre como máis nos gusta: divertíndonos moito!! Despois de semanas de ensaio e uns pouquiños nervios, finalmente olvidámonos de todo e divertímonos no escenario do auditorio para volver a Castrelo a tomar un riquísimo chocolate con churros. Así foi o noso último día de trimestre!!



mércores, 20 de decembro de 2023

MERENDA DE NADAL

 

Hoxe os nenos de infantil, relaxámonos antes da gran actuación de mañá,  facendo un taller de cociña! Fixemos unhas  árbores de nadal con chocolate que nos quedaron riquísimas!



ENTREGA DE POSTAIS PARA AECC

 

Esta mañá Kelly, da Asociación Española contra o Cancro, pasou polo noso cole a recoller as postais que fixemos coa axuda das nosas familias. Levou unha caixa chea de ánimo, ilusión e bos desexos. Moitísimas grazas por facernos tan fácil colaborar con causas solidarias




mércores, 13 de decembro de 2023

POSTAIS DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL 2023

 Un ano máis por estas datas, as familias de infantil, colaboraron en pleno, nunha das actividades propostas dende o centro: a elaboración dunha postal cun fin solidario. Coma nos últimos anos, as nosas postais van dirixidas á AECC, para darlle moito ánimo e os nosos mellores desexos aos enfermos nestas datas. Moitísimas grazas a todas as familias pola colaboración, o traballo sempre merece a pena!!



PARABÉNS PAULA H.!!

 Día de celebración na  clase de 3 e 4 anos!! Hoxe Paula festexou con nós que xa ten 3 aniños!! Foi a última da clase en cumprir, agora xa todos temos 3 anos!! PARABÉNS PAULA!!



venres, 8 de decembro de 2023

RELAXACIÓN

 

Na clase de 3 e 4 anos aprendemos que despois de traballar , xogar e aprender moito durante a mañá, ao subir do comedor agárdanos o noso momento favorito do día. Os de 3 anos relaxámonos, ao  principio costounos... pero agora durmimos micro sestas que nos saben a pouco... mentres os nosos compañeiros de 4 traballan un pouquiño na mesa de xeito máis individualizado e ao rematar ata lles da tempo a vir a tumbarse con nós e despertarnos con moito agarimo...