luns, 30 de maio de 2022

PARABÉNS NADIA!!

 Hoxe Nadia cumpriu 5 anos!! Quixo compartilo con nós convidándonos a unha rica merenda . Moitas grazas!! Parabéns princesa!!



venres, 27 de maio de 2022

FACEMOS MARMELADA COS AMORODOS DA HORTA

Esta semana recollemos todos os amorodos que había na horta e decidimos facer unha doce marmelada de amorodo. Buscamos unha receita en internet, tomamos nota e seguimos todos os seus pasos. Hoxe tocou probar o rica que estaba!!!




xoves, 26 de maio de 2022

CONTACONTOS BANDULLO AZUL


Hoxe asistimos xunto co resto do cole ao contacontos "Bandullo azul", organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca. Estivemos moi atentos e pasámolo xenial!!









 

martes, 24 de maio de 2022

VISITAMOS ECOAGRO E PLANTAMOS NO HORTO


Con tanta cousa que facemos tiñamos o horto algo abandonado...non pode ser!!

Esta mañá, puxémonos mans á obra: a primeira hora @s nen@s de 4 anos fomos ao Ecoagro, ali visitamos os invernadoiros, vimos moitas plantas, flores, árbores de xardín, e productos para o horto. Decidimos comprar fresas e leitugas. Xa de volta no cole, arrincamos as herbas malas que había no horto e recollemos coliflor para levarlle á cociña, que ricos van estar os purés!! e fresas,  coas que imos intentar facer marmelada!!

Despois, xunto cos nen@s de 3 anos, plantamos as fresas e as leitugas que compramos no Ecoagro.

Foi un duro día de traballo!!

Moitísmas GRAZAS á xente de Ecoagro, que sempre nos reciben encantados e teñen moita paciencia con nós.



venres, 20 de maio de 2022

CARREIRA LETRAS GALEGAS

Hoxe participamos co resto do cole na carreira das letras galegas. 

@s nen@s de 3 e 4 anos corremos xuntos na mesma categoría e os de 5 anos correron cos nen@s de 1º de primaria. Pasámolo xenial e cansámonos un pouquiño...

 Mirade que ben o pasamos!!



Todos sabemos que o máis importante é participar, pero sempre hai algúns que gañan!!
PARABÉNS A TOD@S polas ganas e a ilusión que lle puxeron!!








venres, 13 de maio de 2022

EXCURSIÓN INFANTIL 2022

 

Onte @s pequen@s de Castrelo ao completo fomos de excursión!! Despois de moito tempo volvemos a facer unha saída en bus e disfrutámola moitísmo!! Visitamos Lodoselo (CDR O Viso), onde aprendemos a facer pan en forno de leña e demos un paseo en burra! Despois visitamos a fábrica de patacas fritas Jaly´s en Xinzo de Limia, onde vimos de primeira man o proceso de lavado, pelado, fritura e  empaquetado das deliciosas patacas fritas Jaly´s. Temos que agradecer a todo o persoal de Jaly´s e en especial a Pablo, pola súa acollida, a paciencia demostrada e o cariño co que nos trataron. Foi unha experiencia inesquecible. Dende agora as Jaly´s estarán sempre nas nosas festas!!

A continuación deixámosvos uns vídeos resumo por clase,  nos que veredes que ben  o pasamos !!

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS




mércores, 11 de maio de 2022

CONTACONTOS

 Hoxe os pequen@s de infantil e os nen@s de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos en galego, a cargo de Sabela Gago. Pasámolo en grande e comezamos así  coas diferentes  actividades para conmemorar as letras galegas.







 

 

PARABÉNS IRIS!!

 Hoxe Iris está de cumple e para festexalo convidounos a merendar unhas ricas rosquillas que fixo co seu papá. Moitísimas grazas por compartilo con nós. PARABÉNS PRINCESA!!



mércores, 4 de maio de 2022

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe na clase de 4 anos festexamos que Zeltia se fixo un pouquiño máis maior, xa van 5!!! Moitas grazas por convidarnos a merendar!! motisímas felicidades princesa!!



domingo, 1 de maio de 2022

FELIZ DÍA MAMÁS

 Seguro foi un día xenial e segurísimo que ás mamás lle encantaron os regaliños que prepararon os peques con toda a paciencia e o amor do mundo. En cada letra, en cada pegada, e en cada boliña hai moito cariño e ilusión  porque : MAMÁS QUERÉMOSVOS CADA DÍA E PARA SEMPRE!!