Onte disfrutamos moitísimo na nosa excursión de fin de curso. Foi o premio a un ano cheo de aventuras e novas aprendizaxes. Un día moi intenso, no que nos portamos xenial e pasámolo en grande!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
sábado, 30 de maio de 2026
EXCURSIÓN MAGIKLAND (INFANTIL)
Onte disfrutamos moitísimo na nosa excursión de fin de curso. Foi o premio a un ano cheo de aventuras e novas aprendizaxes. Un día moi intenso, no que nos portamos xenial e pasámolo en grande!!
mércores, 14 de xuño de 2023
EXCURSIÓN FIN DE CURSO INFANTIL 2023
Hoxe, despois de moitos cambios, por culpa do tempo, puidemos ir de excursión!! Pasámolo xenial!!Disfrutamos moito e foi un día perfecto para festexar o fin deste curso. Deixámosvos un resumo en imaxes do ben que o pasamos os pequen@s de Castrelo no día de hoxe!!
venres, 13 de maio de 2022
EXCURSIÓN INFANTIL 2022
Onte @s pequen@s de Castrelo ao completo fomos de excursión!! Despois de moito tempo volvemos a facer unha saída en bus e disfrutámola moitísmo!! Visitamos Lodoselo (CDR O Viso), onde aprendemos a facer pan en forno de leña e demos un paseo en burra! Despois visitamos a fábrica de patacas fritas Jaly´s en Xinzo de Limia, onde vimos de primeira man o proceso de lavado, pelado, fritura e empaquetado das deliciosas patacas fritas Jaly´s. Temos que agradecer a todo o persoal de Jaly´s e en especial a Pablo, pola súa acollida, a paciencia demostrada e o cariño co que nos trataron. Foi unha experiencia inesquecible. Dende agora as Jaly´s estarán sempre nas nosas festas!!
A continuación deixámosvos uns vídeos resumo por clase, nos que veredes que ben o pasamos !!



