venres, 26 de marzo de 2021

MERENDA DE PASCUA!!

 Hoxe despedimos o trimestre cunha deliciosa merenda, mirade que pintaza!! e como desfrutamos...

Ademáis por fin veu o coelliño de Pascua e nos deixou os ovos!!




xoves, 25 de marzo de 2021

ESPERANDO AO COELLIÑO DE PASCUA!!

 


@s pequen@s de Castrelo estamos ansiosos esperando a chegada do coelliño de pascua. Fixemos estas cestiñas coas cores dos nosos equipos para que o coelliño nos deixe os ovos de chocolate. Que ilusión!!








venres, 19 de marzo de 2021

FELIZ DÍA PAPIS!!

Por fin chegou o día, hoxe @s pequen@s por fin poden contar o segredo!! Seguro que vos gustou o regaliño, foi feito con moito amooor

Moitas felicidades a todos os papás, en especial aos nosos, aos papás d@s pequen@s de Castrelo!!



xoves, 18 de marzo de 2021

GRAZAS ABUELO RAMÓN!!


Hoxe, Ramón, o avó de Iria, veu co seu tractor a prepararnos a terra para poñer o noso horto. Foi un gran acontecemento para nós!!

          Moitísimas grazas abuelo Ramón!!



QUE SERÁ??


@s pequen@s de Castrelo levamos dúas semanas traballando en algo moi importante e aguantantando as ganas de querer contalo...pero sabemos gardar unha sorpresa!!




Hoxe por fin rematámolo e levarémolo para casiña... necesitamos a colaboración das mamis para poder gardalo ata mañá! Que ilusión!!












luns, 8 de marzo de 2021

8M: AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VIDA!!

Hoxe, no día da muller fixemos unha actividade conxunta co resto do cole: O bosque das mulleres máis importantes para nós. Para @s pequen@s de Castrelo, as mulleres máis importantes da súa vida son as súas mamás, no seguinte vídeo podedes ver que guapas as debuxaron!!


Ademáis participamos na actividade de Femuro "CULTIVANDO IGUALDADE", plantando as nosas flores da igualdade. Mirade que bonitas nos quedaron!!