Na clase de 4 anos, levamos dúas semanas preparando algo moi especial, porque mañá é o día do pai, e nós queremos moito aos nosos papás. Aínda que imos gardar o segredo ata mañá, hoxe temos unha tarea para facer cos papis: ver xuntos un conto que nos encanta, aquí o tedes:
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Amosando publicacións coa etiqueta día do pai b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do pai b>. Amosar todas as publicacións
venres, 18 de marzo de 2022
venres, 19 de marzo de 2021
FELIZ DÍA PAPIS!!
Por fin chegou o día, hoxe @s pequen@s por fin poden contar o segredo!! Seguro que vos gustou o regaliño, foi feito con moito amooor
Moitas felicidades a todos os papás, en especial aos nosos, aos papás d@s pequen@s de Castrelo!!
xoves, 18 de marzo de 2021
QUE SERÁ??
@s pequen@s de Castrelo levamos dúas semanas traballando en algo moi importante e aguantantando as ganas de querer contalo...pero sabemos gardar unha sorpresa!!
Hoxe por fin rematámolo e levarémolo para casiña... necesitamos a colaboración das mamis para poder gardalo ata mañá! Que ilusión!!
luns, 19 de marzo de 2018
FELIZ DÍA DO PAI!!
Hoxe celebramos o día do pai e felicitamos a todos os Josés, Josefas,Pepes,Pepas,Pepitas... pero sobre todo a eles: os nosos papás, esas persoas tan importantes na vida de cada neno, por iso nós, os nenos de infantil, levamos unha semana traballando con moita ilusión nos seus regaliños, este ano experimentamos con plástico máxico, todo un descubrimento para nós.. e fixemos uns chaveiros coas nosas pegadas
Logo completamos o regalo personalizando unhas tarxetas de felicitación e unhas bolsas, segundo cada nivel, no seguinte video podedes ver todos os detalles (premendo debaixo en DÍA DO PAI 2018.)
Agardamos que vos gustara moito PAPÁS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







