mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 

Onte no cole conmemoramos o día da paz, xa levamos uns días falando de violencia e de paz... e temos moi claro que queremos PAZ!! 

Na clase  de 3 e 4 anos pintamos os troqueles cos símbolos da paz 

Na clase de 5 anos escribimos mensaxes de paz nunha botella

 e decoramos unha man para que formara parte do mural colectivo feito por todas as aulas do noso cole:

3 e 4 anos


5 anos


Mirade que bonito nos quedou!






venres, 19 de xaneiro de 2024

PARABÉNS MARTÍN!!

Primeira celebración do ano na clase de 3 e 4 anos!!. Mañá Martín está de cumple, pero non se pudo aguantar e quixo festexalo con nós hoxe convidándonos a merendar. PARABÉNS MARTÍN!!


 

luns, 8 de xaneiro de 2024

OS REIS MAGOS PASARON POR CASTRELO!

 

Hoxe os pequenos da clase de 3 e 4 anos volvemos ao cole con moita ilusión despois das vacacións e ao entrar na nosa clase , sorpresaaa!! Os Reis  Magos pasaron por Castrelo e deixáronnos un saco cheo de regalos!! Moitas grazas!! Seguiremos portándonos así de ben!