mércores, 27 de febreiro de 2019

FILLOAS DE ENTROIDO!!

@s pequen@s de Castrelo seguimos coa nosa semana entroideira!! Hoxe estivemos de cociñeir@s, facendo un postre típico de entroido: filloas. Esta vez contamos coa colaboración dos nosos compis de primeiro e segundo de primaria Qué ricas estaban!!

PARABÉNS SOFÍA

Hoxe unha das nosas pequenas cumpriu anos e convidounos a merendar. Parabéns Sofía!!


MÉRCORES:CARA PINTADA

Hoxe cara pintada,pluma na cabeza e colar

martes, 26 de febreiro de 2019

CIGARRÓNS E PANTALLAS

@s pequen@s de Castrelo seguimos entroidando e tendo unha profe da zona de Xinzo e outra de Verín non podía ser menos... Hoxe vimos de cerca os traxes de cigarrón e pantalla: Sofía vestiu o seu traxe de cigarrón e a profe Mary trouxo o traxe de pantalla da súa filla para que o probaramos e viramos as diferencias co noso cigarrón. Foi un día moi divertido e entroideiro... Mirade que ben o pasamos Rematamos o traballo cunha ficha

MARTES: PLUMA E COLAR

Hoxe martes, o Gran Xefe Indio mandou pluma na cabeza e colar, e así de guap@s viñemos @s nen@s de infantil


luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como xa sabedes, o domingo foi o día de Rosalía de Castro, no noso cole o Equipo de Normalización Lingüística propuxo varias actividades, que fomos levando a cabo durante a semana pasada e durante o día de hoxe.  @s nen@s de infantil tamén participamos.
Aquí tedes un pequeno resumo en imaxes:

  • Mural conxunto de centro:




  • Fichas de traballo sobre Rosalía:


  • @s amig@s de primeiro recitándonos unha poesía de Rosalía



LUNS:PLUMA NA CABEZA

Mirade que guapos viñemos hoxe seguindo as indicacións do Gran Xefe Indio Óso Branco


venres, 22 de febreiro de 2019

SEMANA DE ENTROIDO!!


COMEZA A CONTA ATRÁS!!
A semana que ven vai ser moi entroideira, temos que estar moi atentos aos proverbios do Gran Xefe Indio Óso Branco.
 Para o luns o Gran Xefe Indio Óso Branco di:

"LUNS SEN PLUMA NA CABEZA, CARA PINTADA CON CERTEZA"

Xa sabedes, se non queredes que vos pintemos a cara, traede unha pluma na cabeza!!


xoves, 21 de febreiro de 2019

COMPADRES E COMADRES

COMPADRES!!!
COMADRES!!
Esta tarde no cole celebramos os compadres e como o vindeiro xoves estamos de desfile aproveitamos tamén para facer as comadres. Foi unha tarde moi divertida na que tanto as comadres como os compadres que pintamos pola mañá acabaron feitos pedaciños e queimados. Mirade que ben o pasamos!

PREPARANDO OS COMPADRES

Hoxe é xoves de compadres e comenzamos uns días de moita festa...@s peques de Castrelo xa estamos cos preparativos...

venres, 15 de febreiro de 2019

GRAZAS!!

Hoxe foi o último día no que nos viñeron axudar os compañeiros do Obradoiro de traballo da Mancomunidade. Grazas á súa axuda tod@s temos rematada a parte central do noso atrapasoños.
GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!

xoves, 14 de febreiro de 2019

O AMOR PARA OS PEQUENOS DE CASTRELO É...

Onte e hoxe traballamos unha emoción moi bonita e especial: O AMOR. No seguinte vídeo podedes ver que é o amor según @s pequen@s de Castrelo. Botádelle un ollo porque seguro que vos alegra o día... Feliz San Valentín!!

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA O ENTROIDO...

Seguimos traballando para o entroido, hoxe estivemos vendo que era un atrapasoños, algo moi utilizado polos indios.
Coma verdadeiro indios, nós tamén levaremos un atrapasoños e hoxe comezamos a elaboralo coa axuda dos amigos do Obradoiro de traballo da Mancomunidade.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!



PARABÉNS VALENTINA!!

Seguimos celebrando, se onte foi Ángel, hoxe tocalle a Valentina, que xa cumpre 5 aniños tamén,
e convidounos a merendar para celebralo. Moitísimas grazas!!
PARABÉNS VALENTINA!!


mércores, 13 de febreiro de 2019

QUE É PARA VÓS O AMOR??

Mañá é San Valentín e hoxe @s peques comezamos a preparalo...
Que é o amor?

Mañá veredes as reflexións dos nen@s, seguro que vos sorprenden.

PARABÉNS ÁNGEL!!

@s nen@s de 4 anos xa se están facendo moi maiores, hoxe Ángel, o máis maior deste grupo, cumpriu xa 5 anos e quixo celebralo con nós convidándonos a unha riquíisima torta de chocolate. Moitísimas grazas a Ángel e a súa mamá pola merenda.
PARABÉNS ÁNGEL!!




martes, 12 de febreiro de 2019

TIPIS

Seguimos traballando no noso proxecto dos indios, xa sabemos que son nómadas e viven en tipis.
Nós tamén fixemos os nosos propios tipis. Mirade que coloridos!

luns, 11 de febreiro de 2019

PROXECTO INDIOS

Como xa sabedes este ano, no entroido imos disfrazados de indios.
@s nen@s de infantil estamos  comezando a facer un proxecto sobre o tema.
Comezamos facendo un mural coas nosas ideas previas sobre os indios, esto é o que sabíamos sobre os indios antes de comezar a nosa investigación:

Despois fixemos outro mural para ver as cousas que queremos aprender

 
E para isto, pedimos axuda ás familias, mediante esta carta



E como temos unhas familias moi colaboradoras... xa están comezando a chegar cousiñas mooi indias!!
Xa vos iremos ensinando...