Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de maio de 2024

EXCURSIÓN MARCELLE (INFANTIL)

 

Onte, os pequen@s de Castrelo, xunto co resto do cole, fomos de excursión a Marcelle!! Pasamos un día xenial, disfrutamos moitísimo e sobre todo soubemos comportarnos de marabilla!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo...




mércores, 14 de xuño de 2023

EXCURSIÓN FIN DE CURSO INFANTIL 2023


Hoxe, despois de moitos cambios, por culpa do tempo, puidemos ir de excursión!! Pasámolo xenial!!Disfrutamos moito e foi un día perfecto para festexar o fin deste curso. Deixámosvos un resumo en imaxes do ben que o pasamos os pequen@s de Castrelo no día de hoxe!!


sábado, 25 de maio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

Onte @s nen@s do cole de Castrelo fomos de excursión ao centro de ocio Acougo, para disfrutar dun día de actividades en contacto coa natureza. Aquí tedes un pequeno resumo en fotos das actividades que fixemos.

domingo, 3 de xuño de 2018

EXCURSIÓN A APÍPOLIS!!!

Despois de varias semanas investigando no noso proxecto sobre as abellas, chegou o gran día: o venres visitamos Apípolis. Alí puidemos por en práctica e ver de cerca moitas das cousas que aprendemos na clase. Fomos co resto do cole e tamén nos acompañaron os nen@s do cole de Medeiros. Unha vez alí fixemos tres grupos e fomos rotando polas diferentes actividades: visita á exposición e conto, procesado do mel e elaboración dunha vela, taller de galletas de mel, visita ao apiario con traxes de apicultores... No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo do noso día... Mirade que ben o pasamos!!

venres, 9 de xuño de 2017

EXCURSIÓN LAGO DE SANABRIA

Este venres disfrutamos dun día de lecer, coñecemos o Lago de Sanabria, visitamos o "centro do Lobo Ibérico" no que vimos aos lobos en semiliberdade. E por último divértímonos moito viaxando no primeiro catamarán eólico -solar do mundo. Pasámolo xenial!!! Podedes consultar esta información nas seguintes ligazóns:
CENTRO DO LOBO IBÉRICO
CRUCEIRO AMBIENTAL LAGO DE SANABRIA

EXCURSIÓN SANABRIA XUÑO 2017 by Slidely Slideshow

venres, 3 de marzo de 2017

EXCURSIÓN OURENSE!!

Hoxe os nen@s de infantil e de primeiro de primaria fomos de excursión a Ourense para ver no auditorio a obra de teatro Osiño. Portáronse xenial e pasaron un día moi divertido.

excursion ourense 3/3/17 by Slidely Slideshow

venres, 17 de xuño de 2016

Visita ao Castelo de Monterrei


O pasado 9 de Xuño os alumnos/as e mestres/as do CEIP de Castrelo do Val visitamos o monumento máis significativo que temos na comarca: o castelo de Monterrei. No vídeo veredes a gran experiencia! Gustounos moito e aprendemos moitas cousas!

domingo, 29 de maio de 2016

EXCURSIÓN AO ZOO DE OPORTO

Este venres pasado, 27 de Maio, os nenos/as de Castrelo do Val visitamos o país veciño para ir a un lugar moi especial, o zoo Santo Inácio en Vilanova de Gaia, Oporto 

Nesta ligazón podedes ver toda a información sobre o zoo e os animais que teñen nel, un montón de fotos cos datos de cada animal, para que os recordedes un pouco mellor e llos ensinedes ás vosas familias! Dentro de nada publicaremos fotos da visita. Pasámolo xenial!