Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
domingo, 3 de xuño de 2018
EXCURSIÓN A APÍPOLIS!!!
Despois de varias semanas investigando no noso proxecto sobre as abellas, chegou o gran día: o venres visitamos Apípolis. Alí puidemos por en práctica e ver de cerca moitas das cousas que aprendemos na clase. Fomos co resto do cole e tamén nos acompañaron os nen@s do cole de Medeiros. Unha vez alí fixemos tres grupos e fomos rotando polas diferentes actividades: visita á exposición e conto, procesado do mel e elaboración dunha vela, taller de galletas de mel, visita ao apiario con traxes de apicultores... No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo do noso día...
Mirade que ben o pasamos!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario