Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 30 de maio de 2018
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS...
Durante este curso traballamos as emocións de xeitos moi diferentes: cos materiais do noso proxecto e a nosa mascota, co monstruo de cores e outros contos, participando no proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións" da Fundación Meniños... e facendo cada trimestre un libro viaxeiro das tres emocións que consideramos máis básicas. Nesta tarefa implicamos ás familias para facer estes tres libriños que podedes ver de seguido:
1º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA ALEGRÍA"
2º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA TRISTEZA"
3º TRIMESTRE: "A NOSA CAIXA COMEMEDOS"
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario