Amosando publicacións coa etiqueta curso 2016-2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2016-2017. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de xuño de 2017

FESTAS FIN DE CURSO!!

Os últimos días no cole foron moi divertidos, para rematar este curso o xoves tivemos a festa da espuma e inchables, coa colaboroción da ANPA, e o venres para remate final fixemos a festa da auga. Foron dous días xeniais!!

FESTA DA ESPUMA E INCHABLES

festa da espuma 2017 by Slidely Slideshow

FESTA DA AUGA

festa da auga by Slidely Slideshow

venres, 23 de xuño de 2017

PARABÉNS AOS NOSOS GRADUADOS!!

Hoxe foi un día moi emotivo, de moitas emocións e sentimentos mesturados, orgullosos e felices por sabernos maiores e co deber cumprido de rematar infantil de forma brillante pero tamén un pouquiño tristes e melancólicos porque sabemos que en setembro todo será diferente. Seguro que a nova etapa que ides comezar será igual de fermosa que estes tres anos que tan bós recordos nos deixaron...

MOITA SORTE ESTHER!!

Ademáis de rematar unha bonita etapa, a nosa compañeira Esther pecha un ciclo moi importante na súa vida, despois de tres anos, hoxe foi o seu último día no noso cole, que sempre será tamén o seu. Botarémoste de menos Esther!!! Moita sorte pola capital!!!

despedida esther by Slidely Photo Gallery

mércores, 21 de xuño de 2017

GRADUACIÓN INFANTIL 2017

Este curso que estamos rematando foi moi especial para un grupo de nenos que o ano que ven xa estarán en primaria e para que non esquezades nunca esta etapa...

martes, 20 de xuño de 2017

BENVIDA AOS NENOS DE 3 ANOS NESTE CURSO

Rematamos o curso escolar, pero non podemos esquecernos de dar a benvida a este  "cole de maiores" aos nenos de 3 anos.
BENVID@S A ESTE QUERIDO COLE!!!!:  Xiana, Xabier, Luca, Luz, Irene e Sabela.

martes, 13 de xuño de 2017

PARABÉNS BLANCA!!

Estamos chegando ao final e seguimos celebrando... Hoxe tocoulle á nosa compañeira Blanca, que cumpliu xa 6 anos...,festexamos con ela o seu último cumple en infantil.
PARABÉNS BLANCA!!


venres, 9 de xuño de 2017

EXCURSIÓN LAGO DE SANABRIA

Este venres disfrutamos dun día de lecer, coñecemos o Lago de Sanabria, visitamos o "centro do Lobo Ibérico" no que vimos aos lobos en semiliberdade. E por último divértímonos moito viaxando no primeiro catamarán eólico -solar do mundo. Pasámolo xenial!!! Podedes consultar esta información nas seguintes ligazóns:
CENTRO DO LOBO IBÉRICO
CRUCEIRO AMBIENTAL LAGO DE SANABRIA

EXCURSIÓN SANABRIA XUÑO 2017 by Slidely Slideshow

xoves, 8 de xuño de 2017

PARABÉNS ESTHER!!

Hoxe festexamos con Esther o seu cumple, un moooi especial, posto que o ano que ven xa o festexará no cole de Madrid, aínda que un pedaciño dela quedará sempre en Castrelo.
PARABÉNS ESTHER!!



PANADEIROS !!!

Os nenos de catro anos están aprendendo a letra P, por iso a profe Mónica preparou un taller de cociña para facer Pan, por un día todos nos convertemos en panadeiros...
Moitas grazas á profe Eli por axudarnos coa masa
Pasámolo xenial e o pan saíunos riquísimo!!


facemos pan by Slidely Slideshow

xoves, 1 de xuño de 2017

PASEO DOS GRADUADOS!!

Hoxe comezamos o mes de xuño e para os alumnos da clase de 5 anos comeza tamén a conta atrás...
Durante este mes imos despedirnos de infantil e imos facelo como nós sabemos, desfrutando cada momento...
Hoxe decoramos o noso pasillo, ese que recorremos cada mañá para chegar a nosa clase e que o ano que ven xa non usaremos tanto.
Ó máis puro estilo Hollywood fixemos o noso propio paseo da fama...


mércores, 31 de maio de 2017

PARABÉNS XABIER!!


Hoxe foi un día moi divertido porque noso amigo Xabier celebrou seu cuarto aniversario.
Xa ten 4 anos!! Por iso o festexamos por todo o alto.
Cantamos, bailamos, comemos lambonadas e agasallámolo con preciosos debuxos.
Parabéns Xabier!!!



domingo, 28 de maio de 2017

RATIÑOS GARDADENTES

Os nenos da clase de 5 anos cada vez somos máis maiores, tanto que xa se nos están empezando a caer os dentes.
A moitas das nosas casas xa veu de visita o Ratiño Pérez, para deixarlle os nosos dentes fixemos estes ratiños gardadentes.
Quedáronnos chulísimos!!



xoves, 18 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Como xa sabedes, este ano o día das Letras Galegas adicóuselle a Carlos Casares. Por iso no cole fixemos moitas actividades divertidas. Comezamos pintando un mural no que participamos todos. Descubrimos o conto "A Galiña Azul" de Carlos Casares, que nos encantou e fixemos uns bonitos debuxos e marcapáxinas. Para rematar, este martes, disfrutamos un montón coa Xincana Literaria sobre o autor.

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 by Slidely Slideshow

venres, 12 de maio de 2017

PARABÉNS NOEL!!

Hoxe o REI da clase de 5 anos está de cumple,e como non podía ser doutra forma festexámolo con todos os honores. Parabéns Noel, as chicas querémoste moooitooo!!

cumple noel by Slidely Photo Gallery

AS NOSAS EIRUGUIÑAS DE VOLTA!!

Coma cada ano por esta época, tivemos uns visitantes moi especiais nas aulas, as nosas eiruguiñas. Este ano debido ás incidencias do tempo non pudemos conservar os ovos do ano pasado, pois sairon cos primeiros días de calor e aínda non tíñamos follas de moreira para alimentalas. Polo que pensabamos que xa non íamos ter eirugas, pero Marcos e Paula trouxéronnos unhas poucas do seu avó de Vilagarcía, a verdade é que cando chegaron xa eran mooi grandes e tardaron moi pouquiño en facer o casulo e agora xa temos bolboretas!!

GUSANOS DE SEDA by Slidely Slideshow

domingo, 7 de maio de 2017

FELICIDADES MAMIS!!

Hoxe é un día moi especial, é o día das mamás, esas persoas tan importantes sen as que nada tería sentido. No cole levamos varios días preparando un agasallo para decirlles o moito que as queremos, esperamos que a esta hora todas as mamás xa teñan aberto os seus regalos e que lles gustaran moito, seguro que a máis dunha se lle escapou unha bágoa de emoción... Agora que xa non é un segredo queremos ensinarlle a todo o mundo o bonitas que nos quedaron as nosas mochilas


Este  foi  o deseño dos nen@s de 3 e 4 anos


Este foi o deseño dos nen@s de 5 anos

Ademáis das mochilas decoradas fixemos unhas tarxetas moi emotivas para recordarlle ás nosas mamás que son o máis importante


Os nenos de 3 e 4 anos fixeron un ramo de flores coa súa man e utilizando as letras do nome das súas mamás escribironlle un montón de adxectivos  para describilas.

Os nenos de 5 anos agradecéronlle ás suas mamás todas as cousas que fan por eles cada día.

Para levar os agasallos decoramos unhas bolsas deste xeito tan orixinal


Agardamos que vos gustara moito, fixémolo con moitiiisimo amor, porque vos QUEREMOS MOITO MAMÁS!!

domingo, 23 de abril de 2017

DIA DO LIBRO

Hoxe celébrase o día do libro, como é domingo, no noso cole festexámolo o venres.
Este ano fixemos unha actividade diferente e moi bonita. Fixemos marcapáxinas para intercambiar cos compañeiros do cole de Oímbra, cada clase fixo un modelo diferente, estes son os que fixemos nas dúas clases de infantil


Os nenos de 3 e 4 anos fixeron estes peixes


Os nenos de 5 anos fixeron estes coellos



O venres pola tarde xuntámonos na biblioteca co resto do cole  para recibir os marcapáxinas que nos enviaron os nenos de Oímbra

dia do libro by Slidely Photo Gallery

A nós encántaronnos os marcapáxinas dos nosos amigos de Oímbra, agardamos que a eles tamén lle gustaran os nosos. Moitas grazas profe María por acordarte de nós para esta actividade.

sábado, 8 de abril de 2017

MANUALIDADES PASCUA

Estas son as manualidades coas que nos divertimos para celebrar a pascua @s nen@s de infantil.



TALLER DE COCIÑA DE PASCUA

Para irnos de vacacións con bo sabor de boca, onte os nen@s de infantil fixemos un taller de cociña. Entre todos fixemos un gran traballo en equipo, unha tarta de obleas con nutella en forma de coello de pascua, na que cada nen@ fixo unha capa, mirade con que boa pinta nos quedou e asegurámosvos que ademáis estaba riquísima!!
taller de cociña pascua by Slidely Slideshow

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o día da árbore, que cada ano se celebra o 21 de marzo, no cole de Castrelo, plantamos un castiñeiro no patio. Debido ao mal tempo que fixo ese día decidimos cambiar este acto para unha semaniña máis adiante.
dia da árbore by Slidely Photo Gallery