Amosando publicacións coa etiqueta graduados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta graduados. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2025

GRADUADOS 2025

 

Onte vivimos unha tardiña moi especial, a graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Despois de 3 anos en infantil, en setembro inician a primaria.

Eric, Paloma, Leo, Adrián e María, xa pecharon unha das etapas máis bonitas e coloridas das súas vidas, que as profes intentamos resumir no seguinte vídeo, cheo de recordos e momentos especiais:

Eles dixeronlles adeus a infantil dunha forma moi divertida, na que contaron coa axuda dos que foron os seus compañeiros durante os dous últimos anos, aquí tedes o resultado, MAMMA MÍA, marchan a primaria!!







martes, 15 de xuño de 2021

PARABÉNS GRADUADOS!!

 O pasado venres celebramos o acto de graduación dos maiores de infantil, que despois de tres anos pasan a primaria. Nerea, Ares, Sofía, Alexia, Iria e Alba compartiron moitas experiencias e bos momentos durante estes tres anos, asentando as bases da primeira amizade. Aquí podedes ver o vídeo- resumo da súa etapa infantil. PARABÉNS GRADUADOS!!



venres, 23 de xuño de 2017

PARABÉNS AOS NOSOS GRADUADOS!!

Hoxe foi un día moi emotivo, de moitas emocións e sentimentos mesturados, orgullosos e felices por sabernos maiores e co deber cumprido de rematar infantil de forma brillante pero tamén un pouquiño tristes e melancólicos porque sabemos que en setembro todo será diferente. Seguro que a nova etapa que ides comezar será igual de fermosa que estes tres anos que tan bós recordos nos deixaron...