Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 27 de maio de 2026
COMEZAMOS A CONTA ATRÁS...
xoves, 19 de xuño de 2025
GRADUADOS 2025
Onte vivimos unha tardiña moi especial, a graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Despois de 3 anos en infantil, en setembro inician a primaria.
Eric, Paloma, Leo, Adrián e María, xa pecharon unha das etapas máis bonitas e coloridas das súas vidas, que as profes intentamos resumir no seguinte vídeo, cheo de recordos e momentos especiais:
Eles dixeronlles adeus a infantil dunha forma moi divertida, na que contaron coa axuda dos que foron os seus compañeiros durante os dous últimos anos, aquí tedes o resultado, MAMMA MÍA, marchan a primaria!!
martes, 3 de xuño de 2025
PREPARANDONOS PARA A GRADUACIÓN!
Os compañeiros de 5 anos, comezan o seu último mes en infantil! Para ir ambientandonos para a graduación, xa comezamos a decorar o cole coas súas estrelas!

.jpg)






