Amosando publicacións coa etiqueta intercambio de marcapáxinas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intercambio de marcapáxinas. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Esta tarde no noso cole celebramos o día do libro con diferentes actos: primeiro abrimos con moitisíma ilusión a caixa que nos mandaron os nos@s amig@s de Oímbra, encantáronnos os seus marcapáxinas sobre a música. Moitas grazas compis, agardamos que os nosos tamén vos gustaran!!
Despois pegamos na biblioteca os carteis que fixeron @s nen@s máis maiores do cole, quedaron moi chulos!!
E por último, rematamos o mural conmemorativo no que levamos traballando dende a semana pasada, ten algo de cada un dos nen@s do cole, porque todos colaboramos e quedounos precioso!!
Aquí vos deixamos un resumo do noso día do libro

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o día do libro, no noso cole para conmemoralo fixemos estes marcapáxinas que intercambiamos cos nosos amigos do cole de Oímbra. Agardamos que lles gustaran moito


INFANTIL




1º DE PRIMARIA




2º PRIMARIA




3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA




Os nosos marcapáxinas, xa están viaxando rumbo a Oímbra


Esta tarde recibiremos tamén os seus, estamos desexando velos, seguro que nos gustan un montón!!


domingo, 23 de abril de 2017

DIA DO LIBRO

Hoxe celébrase o día do libro, como é domingo, no noso cole festexámolo o venres.
Este ano fixemos unha actividade diferente e moi bonita. Fixemos marcapáxinas para intercambiar cos compañeiros do cole de Oímbra, cada clase fixo un modelo diferente, estes son os que fixemos nas dúas clases de infantil


Os nenos de 3 e 4 anos fixeron estes peixes


Os nenos de 5 anos fixeron estes coellos



O venres pola tarde xuntámonos na biblioteca co resto do cole  para recibir os marcapáxinas que nos enviaron os nenos de Oímbra

dia do libro by Slidely Photo Gallery

A nós encántaronnos os marcapáxinas dos nosos amigos de Oímbra, agardamos que a eles tamén lle gustaran os nosos. Moitas grazas profe María por acordarte de nós para esta actividade.