GUSANOS DE SEDA by Slidely Slideshow
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 12 de maio de 2017
AS NOSAS EIRUGUIÑAS DE VOLTA!!
Coma cada ano por esta época, tivemos uns visitantes moi especiais nas aulas, as nosas eiruguiñas.
Este ano debido ás incidencias do tempo non pudemos conservar os ovos do ano pasado, pois sairon cos primeiros días de calor e aínda non tíñamos follas de moreira para alimentalas. Polo que pensabamos que xa non íamos ter eirugas, pero Marcos e Paula trouxéronnos unhas poucas do seu avó de Vilagarcía, a verdade é que cando chegaron xa eran mooi grandes e tardaron moi pouquiño en facer o casulo e agora xa temos bolboretas!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario