Seguro foi un día xenial e segurísimo que ás mamás lle encantaron os regaliños que prepararon os peques con toda a paciencia e o amor do mundo. En cada letra, en cada pegada, e en cada boliña hai moito cariño e ilusión porque : MAMÁS QUERÉMOSVOS CADA DÍA E PARA SEMPRE!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
domingo, 1 de maio de 2022
venres, 29 de abril de 2022
MEU AMOR
Aproveitando o día da nai traballamos o conto: "Mi amor" da editorial Kokinos. Gustounos moito e serviunos de inspiración para facer o noso regalo do día da nai. Traballamos moito e con moita ilusión, a mesma coa que imos aguantar ata o domingo para entregar os regaliños ás nosas mamás. Hoxe pedímoslle que vexan con nós o conto
luns, 3 de maio de 2021
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Onte foi o día internacional contra o acoso escolar, @s pequen@s de Castrelo afortunadamente non sabemos moi ben que é eso, hoxe traballamos o tema na aula a través do seguinte vídeo co conto "La decisión de Marina"
Despois falamos todos xuntos sobre o que lle pasba a Pablo e como se sentía e para rematar debuxamos a Pablo
mércores, 25 de marzo de 2020
MONSTRUO DE COLORES-CORONAVIRUS
martes, 24 de marzo de 2020
TRABALLAMOS CO CONTO:"ROSA CONTRA EL VIRUS"
martes, 22 de outubro de 2019
IREA COMPARTIU CON NÓS O CONTO: "TENGO UN VOLCÁN"

















