mércores, 15 de abril de 2020

XOGAMOS COS MEMORY EN EDUCASTRELO

A proposta de hoxe para os máis pequenos é que xoguemos en familia aos memory, podedes ver quen resolve co menor número de xogadas... igual @s pequen@s vos sorprenden!
Tedes os memory colgados na paxina educastrelo.com, no apartado xogos/xogos infantil
Podedes acceder directamente dende aquí premendo en cada unha das imaxes. A xogar!!!


MEMORY LETRAS (vogais e consoantes iniciais de cada un dos seus nomes)
Que verbalicen o nome de cada letra e que digan a que compañeiro pertence 

 MEMORY NÚMEROS(0-9)
Na parte superior tedes os dados para contar o número de puntos e abaixo o número,antes de comezar repasade a recta numérica e tedea sempre de diante, comezade sempre por arriba para poder contar primeiro e nas segundas xogada destapade os números

 MEMORY CORES
Na parte de arriba tedes a cor e na de abaixo un obxecto desa cor, empezade por arriba e que verbalicen o nome da cor (poden facelo en castelán, galego e inglés) abaixo tamén poden verbalizar o obxecto e a cor que ten

Ningún comentario:

Publicar un comentario