Case sen darnos conta chega a Pascua, por estas datas no cole temos costume de facer algunha manualidade e deixala na ventana porque o coelliño de Pascua sempre pasa polas clases a deixarnos algún oviño de chocolate.
Como nas vosas casas non faltan os tubos de papel hixiénico, ocurríusenos que esta vez o coelliño podiades facelo con esa base, logo decoradeo como máis vos guste, tedes exemplos nas fotos da imaxe.
Desta vez vai pasar polas vosas casas, cun permiso especial e sen achegarse demasiado. Non sei se chegarán os ovos...pero se facedes a manualidade e a deixades na ventana seguro que algunha lambetada vos deixa dentro.
GRAZAS PAPIS E MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario