martes, 14 de abril de 2020

BICOS!!

Onte foi o día Internacional do bico,  como estabamos de vacacións non pudemos celebralo, pero aos pequen@s de Castrelo encántannos os bicos, polo que a nosa proposta para comezar o trimestre é mandarnos todos os bicos que estamos desexando darnos.
Para comezar deixámosvos un conto precioso: "¿De que color es un beso?" de Rocío Bonilla.
Agardamos que vos guste.

Despois de ver o conto propómosvos, pintar os labios das cores que queirades e dar un montón de bicos nun folio en branco. Queremos a vosa foto agarrando ese folio!
Agardamos con impaciencia todos os vosos bicos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario