xoves, 21 de abril de 2016

CULTIVAMOS CHAMPIÑÓNS...

Dentro das moitas experiencias que estamos vivindo durante a primavera, hoxe comezamos unha nova aventura...O CULTIVO DE CHAMPIÑÓNS!!
As profes mercaron un kit de cultivo para cada clase e hoxe comezamos cos primeiros pasos:
Abrimos o kit de cultivo e preparamos todo o necesario para comezar...
Abrimos a bolsa de sustrato
Pasamos todo o contido da bolsa dentro dun cubo
Medimos 250 ml. de auga e engadímolos
Misturamos ben...
Tamén nos ensuciamos un pouquiño...
Finalmente, tapamos con film e deixaremos repousar 24 horas
TEREDES MÁIS NOVIDADES DOS NOSOS CHAMPIÑÓNS MOI  PRONTO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario