Non soamente traballamos no cole, na casa tamén o facemos, en familia!! Aquí vos deixamos as postais de Nadal da clase de 4 anos, cónstame que van cheas de bos desexos, apoio e moito amor. Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 16 de decembro de 2021
POSTAIS DE NADAL 4 ANOS
domingo, 12 de decembro de 2021
XA CHEGA O NADAL!!
Xa está aquí o Nadal e na clase de 4 anos estamos traballando a pleno rendemento para festexar estas datas tan especiais. Como vos prometemos aquí tedes algunhas das manualidades que fixemos nestes días:
Os nosos calcetíns xa agardan colocados, xunto cos do resto de amigos do cole, a que Papá Noel teña en conta o ben que nos portamos!!martes, 7 de decembro de 2021
PREPARANDO O NADAL!!
Na clase de 4 anos temos moitas ganas de Nadal, encántannos as manualidades e cada día as facemos con máis paciencia, concentración e precisión. Levamos un par de semanas traballando con moita ilusión. Mirade que ben o facemos:
Estade atentos porque pronto veredes os resultados finais dos nosos adornos navideños!!
venres, 3 de decembro de 2021
3 DE DECEMBRO: "DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"
Hoxe conmémorase o Día Internacional das persoas con discapacidade, como xa sabedes no noso cole, levamos toda a semana facendo diferentes dinámicas nas aulas para tratar este tema.
Como actividade común, en cada aula vimos unha presentación preparada polo Equipo de Orientación na que a través das diferentes bolboretas vimos as múltiples capacidades que podemos ter cada un.
Aos nen@s de 4 anos encantounos!! Agora entendemos que todos temos algo que nos custa moito facer e algo que nos encanta facer!!. Porque tod@s somos: DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR.
Despois escribimos nunha bolboreta algo que nos encanta facer e decoramos a bolboreta de múltiples cores!
As nosas bolboretas quedaron así de preciosas:
martes, 30 de novembro de 2021
SEMANA DAS MÚLTIPLES CAPACIDADES
O próximo 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. No noso cole estamos traballando nas diferentes aulas e adaptando a cada nivel, a semana das múltiples capacidades.
Na clase de 4 anos, comezamos onte vendo un corto que nos encantou: "Ian". Gustounos tanto que hoxe volvemos velo. Aquí o deixamos porque nos parece fermoso
é incrible a atención que prestamos, non perdemos un detalle...
Hoxe tocou conto, moi recomendable tamén: "Ponte en mi lugar" Editorial Nube Ocho. Esta vez, en lugar de velo na pantalla, contóunolo a profe. Tamén nos gustou moito
venres, 26 de novembro de 2021
XA É NADAL EN INFANTIL
xoves, 25 de novembro de 2021
THANKSGIVING!!
Hoxe ademáis do 25N, conmemoramos Thanksgiving!! No comedor comemos pavo e nas aulas traballamos sobre esta festa tan especial no país de Emily!! HAPPY TANKGIVING!!
25 N EN 4 ANOS
Para conmemorar o 25 N, vimos o conto : "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"





















