Coa celebración da carreira/andaina "A Media do Camiño" que se levará a cabo este domingo, o cole de Castrelo tivo a oportunidade de xuntarse coas nenas e nenos do cole de Medeiros, e así, xuntos, e en colaboración coa organización da carreira, puidemos aprender un montón sobre o Camiño de Santiago.
Por equipos, mesturados dende Infantil ata Primaria dos dous centros, o alumnado tivo que buscar a información correspondente ás preguntas formuladas na súa tarxeta do bingo para despois, xogar todos xuntos/as. Os equipos afortunados de ter liña e bingo tiveron un agasallo delicioso!!
Ademais, dende as aulas, puidemos decorar diversas frechas amarelas que simulan as do Camiño, que serán utilizadas na carreira para sinalizar ás persoas participantes as sendas que deben seguir e non perderse de camiño á meta!
Pasamos un día estupendo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario