O próximo 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. No noso cole estamos traballando nas diferentes aulas e adaptando a cada nivel, a semana das múltiples capacidades.
Na clase de 4 anos, comezamos onte vendo un corto que nos encantou: "Ian". Gustounos tanto que hoxe volvemos velo. Aquí o deixamos porque nos parece fermoso
é incrible a atención que prestamos, non perdemos un detalle...
Hoxe tocou conto, moi recomendable tamén: "Ponte en mi lugar" Editorial Nube Ocho. Esta vez, en lugar de velo na pantalla, contóunolo a profe. Tamén nos gustou moito
Ningún comentario:
Publicar un comentario