Amosando publicacións coa etiqueta instrumentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta instrumentos. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de maio de 2025

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Se pola mañá fixemos a carreira das letras galegas, pola tarde puidemos desfrutar dun obradoiro de instrumentos e música tradicional galega da man do profe Ramón e da nosa profe Luísa.
Foi unha tarde moi divertida na que ademáis, o grupo de pandeireta do cole nos animou coas súas cantigas.
Moitísmas grazas Ramón e Luísa, sodes xeniais! É un pracer tervos no noso cole!



 

xoves, 6 de xuño de 2019

VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!!


Hoxe recibimos a visita de Ramón e Jose, de Candaira, viñeron facernos unha demostración de instrumentos musicais tradicionais e a convidarnos esta fin de semana á Frasca que se celebrará no parque do Terrón en Castrelo.

Fixéronnos pasar uns momentos moi entretidos, podedes velo no seguinte video.
Moitísimas grazas!!