Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 15 de novembro de 2019
MAGOSTO 2019
Hoxe por fin festexamos o magosto!! Este ano o tempo non quixo acompañarnos e non puidemos salir do cole como acostumamos.
O deste ano foi un magosto diferente... aínda así pasámolo moi ben. Comemos pizza, boliños preñados, bica e castañas... moitas castañas!Pintamos a cara cos tizóns e fixemos xogos dentro do cole, todos coa castaña coma protagonista. Mirade que ben o pasamos!
Un ano máis e xa son moitos, temos que agradecerlle a Carmen que nos viñera asar as castañas.Que faríamos sen tí Carmen! Moitas grazas!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario