Amosando publicacións coa etiqueta flocos de millo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta flocos de millo. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de setembro de 2018

FLOCOS DE MILLO!!

O primeiro conto de Turi titúlase : "Un dragón na barriga" e aos nen@s de cinco anos gustounos moito, nel o sabio Uxío dalle unhas sementes a Turi e sorpresa!!! Desas sementes saen flocos de millo. Comprobamos que de certo das sementes saen flocos de millo, aínda que nós sempre lle chamamos palomitas e a teacher Bea ensinounos que en inglés lle chaman popcorn!! Aprendemos moito, pasámolo xenial e os flocos de millo encántannos!!