Fai unhas semanas, os de 4 anos saímos a buscar un tesouro de outono... e como algúns xa adiviñastes, aquilo que andabamos buscando por detrás do cole eran conchos ou noces!!
Despois duns días secando ao sol, pelamos e seleccionamos os conchos.
E hoxe fixemos un rico biscoito con eles. Encántanos cociñar e somos todos moi larpeiros!!
Mirade que ben o pasamos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario