No noso cole levamos unha semana traballando moito para decorar e preparar o Samaín-Halloween.
Este ano decidimos que non fariamos nada na casa, aínda que nos gustan moito as cousiñas que facedes en familia, deixámolo para outra ocasión. Por eso, dende as diferentes aulas e coa colaboración especial dos teachers ,organizamos manualidades para decorar o centro e traballar o vocabulario desta celebración.
Na clase de 4 anos fixemos un bolsiño de araña para as chuches terroríficas
Uns morcegos
Unhas cabazas
E entre todos vacíamos unha cabaza terrorífica
Aproveitamos todo o que tiña dentro!! As pipas para secar, facer manualidades e algunha para sementar no horto! e o resto levámosllo a Vane a nosa súper cociñeira, que mañá nos vai preparar un delicioso e terrorífico doce con ela!! GRAZAS VANE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario