mércores, 26 de maio de 2021

PROXECTO DOS POLIÑOS

 @s pequen@s de Castrelo levamos unha semana moi intensa... Fai tempo á nosa clase chegou un paquete moi especial, era unha máquina moi rara, que investigando soubemos que se trata dunha incubadora. Comezamos un pequeno proxecto sobre os poliños... Estamos aprendendo moitas cousas...

De momento e con moita ilusión, puxemos a incubadora en funcionamento... 

 
E coa axuda das nosas familias recopilamos todo o que tiñamos pola casa relacionado co tema, mirade cantas cousas nos mandaron!! Moitas grazas a todos pola vosa axuda!!



Xa vos iremos contando cantas cousas imos aprendendo e o resultado final da nosa investigación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario