No cole de Castrelo levamos un par de semanas preparando a conmemoración das letras galegas. Como non podemos xuntarnos, traballamos por separado nas aulas, aprendendo cousas sobre a vida e obra de Xela Arias. Aos máis peques tocounos o primeiro dos carteis e fixémolo con moita ilusión
Cos traballos de todas as aulas do cole, fixemos o seguinte vídeo, que tamén tedes colgado no blog xeral de educastrelo
Xa pola tarde, e mantendo os grupos de comedor e recreo do cole, baixamos ao patio, nós estamos no grupo A cos nenos de 5º de primaria. Os compañeiros de quinto recitáronnos poemas de Xela Arias
Nós contámoslle a eles onde e cando naceu Xela Arias
E todos disfrutamos do son da gaita. Moitas grazas Adrián!!
Foi unha tarde xenial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario