Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2021. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de maio de 2021

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

No cole de Castrelo levamos un par de semanas preparando a conmemoración das letras galegas. Como non podemos xuntarnos, traballamos por separado nas aulas, aprendendo cousas sobre a vida e obra de Xela Arias. Aos máis peques tocounos o primeiro dos carteis e fixémolo con moita ilusión


Cos traballos de todas as aulas do cole, fixemos o seguinte vídeo, que tamén tedes colgado no blog xeral de educastrelo

Ademáis deste traballo previo, onte festaxamos o día das letras galegas, foi un día de festa xa dende pola mañá. Nada máis entrar ao cole atopámonos con esta sorpresa!

Xa pola tarde, e mantendo os grupos de comedor e recreo do cole, baixamos ao patio, nós estamos no grupo A cos nenos de 5º de primaria. Os  compañeiros de quinto recitáronnos poemas de Xela Arias


Nós contámoslle a eles onde e cando naceu Xela Arias
                                 E todos disfrutamos do son da gaita. Moitas grazas Adrián!!
 Foi unha tarde xenial!!!