Hoxe na clase de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moooi terroríficamente divertida. As nosas bruxasprofes prepararon un ambiente de Samaín-Halloween no que tiñamos dúas bandexas sensoriasnas para traballar. Nunha tivemos que remexer coas mans entre os espaguetes de cores para atopar diferentes elementos de Samaín, que logo recontamos e trnsladamos a unha ficha. Na outra buscamos entre as teas de araña e as fabas negras tres elementos decorados de Samaín para facer despois unhas pulseras, que nos quedaron chulísimas!! Mirade que ben o pasamos....
Ningún comentario:
Publicar un comentario