Onte os pequen@s de Castrelo tivemos un día moi reposteiro!! Coas mazás e os conchos que recollemos a semana pasada no patio do noso cole, fixemos un biscoito de outono. Estaba riquísimo pero o mellor foi todas as cousas que aprendemos e o ben que o pasamos facendoo.
Colaboramos todos porque somos un gran equipo! Planificamos con coidado a elaboración, o xoves tiñamos pensado sair de compras pero como choveu chamamos por teléfono á tenda de Castrelo para pedirlles por favor se nos podían acercar a compra (grazas Ceci pola túa paciencia e a coloboración sempre) e o venres puxémonos mans á obra. Quedounos moi saboroso e como o fixemos mooi grande puidemos repartir a proba para o resto das clases de primaria. No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que desfrutamos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario