Amosando publicacións coa etiqueta 4-5 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4-5 anos. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

PASEAMOS POLO PARQUE GÜELL

 


Na clase de 4 e 5 anos seguimos cos inventos, onte estivemos investigando sobre un que nos chamou moito a atención: as gafas de relidade virtual, grazas a elas tivemos a oportunidade de pasear por o Parque Güell de Barcelona e mirar con detalle o dragón de Gaudí sobre o que estivemos traballando neste trimestre.



martes, 22 de abril de 2025

xoves, 14 de novembro de 2024

PREPARADOS PARA O MAGOSTO!!

 Mañá celebramos o Magosto no parque do Terrón. Na clase de 4 e 5 anos xa temos todo preparado... Mirade que chulos nos quedaron os nosos bolsos para as castañas!


Aproveitando a semana de magosto e todas as castañas que levamos ao cole, traballamos tamén os amigos dos números, descompoñendo un número de varias formas.



mércores, 30 de outubro de 2024

FESTEXAMOS O HALLOWEEN-SAMAÍN

 

Hoxe na clase de 4 e 5 anos, pasamos un día terrorificamente divertido!!.
Preparamos unha deliciosa e doce merenda de Samaín, fomos de visita á clase de 3 anos, onde a profe Cris nos contou un conto na mesa de luz, despois na nosa clase fixemos o moco do persoaxe do conto. Antes de ir ao comedor fomos á farmacia a pedir truco ou trato, e déronnos chuches, moitas grazas Amalia!!
No comedor preparáronnos un menú terrorífico. Grazas aos nosos cociñeiros!!
Para rematar o día os nenos de primaria cantaron unha canción, vimos un vídeo elaborado por os nenos de segundo de primaria e queimamos os nosos medos nun pote!
Mirade que ben o pasamos hoxe no cole de Castrelo!!



martes, 29 de outubro de 2024

EXPERIENCIAS SAMAÍN-HALLOWEEN

 

Hoxe na clase de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moooi terroríficamente divertida. As nosas bruxasprofes prepararon un ambiente de Samaín-Halloween no que tiñamos dúas bandexas sensoriasnas para traballar. Nunha tivemos que remexer coas mans entre os espaguetes  de cores para atopar diferentes elementos de Samaín, que logo recontamos e trnsladamos a unha ficha. Na outra buscamos entre as teas de araña e as fabas negras tres elementos decorados de Samaín para facer despois unhas pulseras, que nos quedaron chulísimas!! Mirade que ben o pasamos....






mércores, 23 de outubro de 2024

PARABÉNS GORKA!!

 Hoxe na clase de 4 e 5 festexamos o cumple de  Gorka, que está a punto de cumprir 4 anos e quixo festexalo cos seus compis. PARABÉNS GORKA!!



mércores, 18 de setembro de 2024

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE ( clase de 4 e 5 anos)!!

 

Despois dun verán moi intenso, na clase de 4 e 5 anos tiñamos moitas ganas de volver a vernos. Esta primeira semana fixemos un pouco de todo e comezamos o curso 24-25 con moitas ganas e ilusión!!



xoves, 13 de setembro de 2018