Amosando publicacións coa etiqueta inventos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inventos. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2024

Excursión ao museo de Castrelo!

 


Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moi grande no cole!

Aproveitando o proxecto dos inventos que estamos a traballar os maiores, tivemos a oportunidade de visitar o museo que temos no noso concello de Castrelo! 

Grazas a Ramón, puidemos descubrir moitísimos obxectos e inventos antigos que se conservan da nosa contorna, aprendemos un montón! 




xoves, 23 de marzo de 2023

INVENTOS IMPORTANTES PARA A CIENCIA

 Na clase de 5 anos seguimos traballando sobre os inventos, hoxe estivemos falando de inventos importantes para a ciencia e tivemos a oportunidade de traballar con dous deles para facer a nosa ficha: o microscopio e a lente binocular. A través deles vimos varias cousas...sin duda o que máis nos gustou foi unha mosca...que peluda era!!!









xoves, 16 de marzo de 2023

DESCUBRINDO A MÁQUINA DE ESCRIBIR!!



Na clase de 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Hoxe fixemos unha ficha da máquina de escribir e ningún de nós sabía que era esa máquina!! 
Como no noso cole hai de todo, tivemos a oportunidade de coñecer a máquina de escrbir  e probala. Que invento máis raro!! Encantounos escribir os nosos nomes e imos quedar con ela na clase  uns días máis para seguir practicando...