Amosando publicacións coa etiqueta AECC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AECC. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de decembro de 2024

UN SACO CHEO DE BOS DESEXOS!

 Hoxe pasou polo noso cole Kelly, da Asociación Española contra o Cancro, para recoller as postais que fixemos coa axuda  das nosas familias. Un nen@ de cada aula fixo entrega das postais. Agardamos que se cumplan os bos desexos e toda a enerxía positiva que lles enviamos aos enfermos. GRAZAS UN ANO MÁIS POLA COLABORACIÓN!!

Javi entrega as postais de 3 anos


Leo entrega as postais de 4 e 5 anos


Álvaro entrega as postais de 1º de primaria


Noa entrega as postais de 2º de primaria


Anxo entrega as postais de 3º de primaria






Sofía entrega as postais de 4º de primaria


Sara e Xiana entregan as postais de 5º e 6º de primaria

sábado, 11 de maio de 2024

COLECTA AECC


Os pequen@s de Castrelo fomos moi solidarios no día da colecta da Asociación Española contra o Cancro. Moitas grazas a todos pola vosa solidaridade!



martes, 7 de maio de 2024

XUNTOS, ENCHAMOS ESTE PETO!!


O vindeiro xoves 9 de maio, a Asociación Española Contra o Cancro celebra o día da colecta anual. Dende o cole de Castrelo colaboramos con eles custodiando un dos seus petos solidarios para que podades facer as vosas aportacións. Agradecemos de antemán a vosa solidaridade!

xoves, 11 de maio de 2023

COLABORA CONTRA O CANCRO!

 No cole de Castrelo colaboramos coa colecta que fai hoxe a Asociación Española contra o Cancro e durante todo o día de hoxe teremos no cole unha hucha para que fagades as vosas aportacións. TODOS CONTRA O CANCRO!!



xoves, 2 de febreiro de 2023

"TODOS CONTRA O CANCRO"

 Hoxe @s pequen@s de Castrelo sumámonos , xunto co resto do cole, aos actos do Día Mundial contra o cancro organizados pola AECC. TODOS CONTRA O CANCRO!!!