Fomos ata o súper de Castrelo, para ver todos os alimentos que hai nunha tenda. As nosas profes explicáronnos cousas moi interesantes.
E aproveitando que está chegando o entroido mercamos unhas deliciosas orellas de entroido. Ademáis Cecilia regalounos uns chupa-chups e tivo mooita paciencia con nós.
Volvemos ao cole moi contentos pola nosa miniexcursión
E con moitas ganas de chegar para poder probar as orellas de entroido. Estaban deliciosas!!
Moitas gracias Cecilia pola túa paciencia e por eses chupa-chups tan ricos (aínda que xa sabemos que non podemos tomalos todos os días, hoxe foi un día especial) e moitas grazas tamén á profe Marta que foi a nosa fotógrafa oficial (por iso non sae en ningunha foto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario