Amosando publicacións coa etiqueta 1º e 2º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º e 2º. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de setembro de 2025

ESPECTÁCULO DE MAXIA!

 




No día de hoxe, e grazas á ANPA do centro, tivemos un espectáculo de maxia incríble! 

Primeiro o grupo de infantil e 1º e 2º de Primaria e, despois, de 3º a 6º, puidemos disfrutar dun ratiño de maxia da man de Coeducontando, onde o noso mago e a nosa maga nos ían facendo trucos de maxia asombrosos ao tempo que nos explicaban acerca das magas e magos máis famosos ao longo dos séculos.

Encantounos!! Moitas grazas!!


Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á nosa ANPA pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



venres, 24 de marzo de 2023

VISITA AO ECOAGRO

 

Hoxe os nenos de infantil, primeiro e segundo de primaria visitamos o ECOAGRO. Puidemos ver os diferentes tipos de sementes , ver paso a paso como van medrando, as máquinas que usan para sementar, a forma de  riego ,os invernadoiros... Tamén plantamos unhas tomateiras que trouxemos para o cole. Próximamente  iremos buscar as plantas do noso horto!! Moitas grazas a Laura e Lucía pola súa paciencia e adicación un ano máis.