Amosando publicacións coa etiqueta sindrome de down. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sindrome de down. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de marzo de 2025

CONMEMORAMOS O DÍA DO SÍNDROME DE DOWN



Hoxe é un día moi especial!! O 21 de marzo conmemórase o día do Sindrome de Down!
No noso cole unímonos á iniciativa de levar calcetíns diferentes para celebrar que todos somos diferentes!

Toda a semana as nenas e os nenos da aula de 4 e 5 anos estivemos traballando e aprendendo un montón sobre o Síndrome de Down! Aquí tedes un vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión para que entendades de maneira sinxela que é o Síndrome de Down

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 

Hoxe é o Día Mundial do Síndrome de Down e para apoiar a diversidade, no noso cole todos levamos hoxe un calcetín de cada. Na clase de 5 anos non sabiamos moi ben que quería decir eso do Síndrome de Down, hoxe entendémolo e xa sabemos que todos somos diferentes grazas aos cromosomas! Para comprendelo mellor vimos o "Cromocuento", deixámosvolo abaixo para que podades velo.